río

Curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río.

Etimoloxía

O vocábulo aparece a través do latín rivus, –i que indicaba 'regato, corrente de auga'.

Exemplos *

"¡Ai como está de bágoas de nenos feito o río! / Este é o Porto-Muíño, todo en sombras, o río."(Xosé María Díaz Castro: Nimbos)

"Desde neno foi feliz bañándose nos ríos, mollando o seu rostro nas fontes, bebendo enormes cantidades dese líquido." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.