engalar

Separarse unha aeronave do solo ou da auga ao iniciar o voo.

Etimoloxía

Termo que se crea sobre a palabra ala, forma que procede do latín ala, –ae que tiña o mesmo significado.

Exemplos *

"Os feitos producíronse antonte ás 22.00 horas, cando un tractor cargado coas maletas dun avión preparado para engalar sufriu unha avaría e quedou enganchado." (De Luns a Venres 03-09-2008)

"As interferencias dos móbiles poden chegar a provocar situacións máis comprometidas coa seguridade da navegación cando o avión se dispón a engalar ou aterrar." (Pilar González: Galicia Hoxe 16-05-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.