ruído

Son que non se identifica coa música nin coa voz humana ou a dun animal

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín tardío rugītus 'ruxido', 'estrondo'.

Exemplos *

“Isto é poesia, un ruido provocado. / Non ornamento, arabesco para as pontas dos dedos: / inecesários encaixes para a alma dormir ou sentir / a levedeza da onda cando apenas chega a romper.” (Luísa Villalta: En concreto, 2004)

“De súpeto, mentres tiñan a vista perdida sobre a Ría, oíron un ruído de tropel. Viraron a vista cara á costa de Curro e viron baixar a un numeroso grupo de homes e algúns nenos cara o porto.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na illa, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.