monólogo

Escena teatral na que só intervén un personaxe // Peza dramática para un único personaxe

Etimoloxía

Palabra culta que vén directamente do grego monológos ‘falar só’.

Exemplos *

“Trátase dun monólogo que se estreou na VII Mostra de Teatro Español de Autores Contemporáneos, celebrada o pasado ano en Alacante e que xa foi representada en varias localidades españolas.” (Axencia: O Correo Galego, 24-10-2001)

“Máis recentemente Teatro do Adro presentou unha nova visión do longo monólogo de Nano, o entrañable personaxe central da novela.” (Manuel F. Vieites: Tempos Novos, 5-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.