maiar

O gato emitir a súa voz característica

Etimoloxía

Voz onomatopea.

Exemplos *

“As luces das candeas apagábanse e as lámpadas eléctricas despedían unha luz fusca e tenebrosa que o enchía todo de sombras medorentas. Os cans deixaron de ladrar e os gatos de maiar, e os veciños comentaban o suceso en voz baixa.” (Carlos G. Reigosa: Xentiario, 2009)

“Ladridos inacabables de cans incansables, en tódolos horizontes. Maiar de gatos facéndose o amor na noite morna, correndo polas cunetas ou polas hortas, para consumalo alí onde lles apetecese.” (Arturo Romaní: Barlovento, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.