cacarexar

A galiña emite a súa voz

Etimoloxía

Voz de orixe onomatopea.

Exemplos *

“Ó que estivo dentro, entrou moi a modiño no galiñeiro e matou axiña a unha pita . Pero, cando quixo mata-la segunda pita, empezaron todas a cacarexar e saíron uns cans que había na casa e, detrás deles, o amo cun fungueiro na man.” (AA.VV.: A carón do lume, 1999)

“No curso das miñas reflexións saquei a conclusión de que as accións principais dunha galiña, aparte de poñer ovos, consisten en cacarexar e fuxir.” (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.